publicidade hoxe

O Concello de Poio prepárase para a III Edición da Festa da Exaltación da Navalla

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+
Presentación da Festa de Exaltación da Navalla

Presentación da Festa de Exaltación da Navalla

Esta mañá presentouse a III Edición da Festa da Exaltación da Navalla coa presencia de Alfonso Esperón e Claudio Barreiro, membros da Asociación Amigos da Navalla de Lourido e organizadores desta festa e a Concelleira de Festexos,  Lidia Salgueiro. A presentación tivo lugar no marco incomparable da Praia de Lourido, onde este fin de semana (8 e 9 de agosto) poderán degustar diferentes pratos preparados con este marisco como protagonista. Empanada e tortilla de navalla, navallas a prancha e unha paella xigante a base e productos da zona a prezos populares.

Os organizadores agardan vender 400 kilos de navalla, tendo en conta, que nesta ocasión, a festa terá lugar o segundo fin de semana de agosto, a diferenza das anteriores edicións celebradas en outubro e do bo tempo que se prevee para estos días. Asemade, quixeron agradecer a colaboración dos anunciantes privados  e das  administracións publicas,  tanto do Concello de Poio, representado pola concelleira de festexos, como da Deputación Provincial.

Pola súa parte, o concello apostan por seguir colaborando coa organización deste tipo de festas que, ademais de dar alternativas de ocio e lecer aos visitantes e veciños do municipio, ampliando a oferta de actividades ludico-festivas, dan a coñecer e enaltecen os productos da nosa ría, sendo o sector marisqueiro un dos motores económicos do noso municipio. 

A festa manterá a súa programación habitual,  o sábado día 8 procederase a inauguración da carpa ás 12 h para degustación dos pratos. Permanecerá aberta  toda a xornada. Ás 23:30h terá lugar unha actuación musical a cargo do grupo Kalibre.

O domingo 9  a carpa abrirá ás 12h ata as 22h. 

Tanto os organizadores como a concelleira convidan a toda a veciñanza e visitantes a participar desta festa e do entorno tan fermoso da praia de lourido, desfrutando da cociña e da paisaxe, nun día perfecto.

 

6 de agosto de 2015 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.