Lete Lasa comina ao deporte nacional a aproveitar do mellor xeito posible o Plan de Fomento do sector do deporte
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na Conferencia Sectorial do Deporte convocada polo Consejo Superior de Deportes na que se tratou a distribución territorial e criterios de repartición de dous puntos chaves do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, que é a estratexia española para canalizar os fondos destinados por Europa a reparar os danos provocados pola crise da COVID-19 e, a través de reformas e investimentos, construír un futuro más sostible. Estes puntos foron o proxecto Plan de Dixitalización do sector deporte, así como o proxecto Promoción da igualdade no deporte do mesmo plan.
Lete Lasa amosou a súa preocupación polos prazos a seguir e a présa nos tempos a cumprir na presentación do anteproxecto da Lei de Profesións do Deporte e da estratexia nacional de fomento do deporte contra o sedentarismo e a inactividade física. Este apunte vén ocasionado pola aprobación da Lei do Deporte que se aprobou “rápido e correndo cando se tiña pactado con anterioridade que sería unha lei o máis consensuada posible”.
Neste sentido, o mandatario galego, animou a todos os responsables do deporte das dos distintos gobernos autonómicos e do Goberno central a aproveitar e non deixar pasar unha oportunidade de grande importancia para o noso deporte como é o compoñente 26 do Plan de Fomento do sector do Deporte.
Asemade, o titular da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia despediu aos compañeiros que cesan nas súas ocupacións “nesta difícil lexislatura” e asegurou que, a pesar das diferencias, “o deporte une moito máis que separa” valorando o traballo de todos.