publicidade hoxe

Lete Lasa advirte que o modelo de deporte europeo debe regular a súa función social, educativa, cultural e de saúde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaGaliciaLocal Portada
A-
A+
Lete Lasa nas ‘Xornadas sobre a Lei do Deporte’

Lete Lasa nas ‘Xornadas sobre a Lei do Deporte’

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe nas ‘Xornadas sobre a Lei do Deporte’ organizadas pola Universidade de Vigo na Facultade de Ciencias da Educación e Deporte do Campus da Xunqueira, e que conta coa colaboración da Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE) e o Consello Xeral da Educación Física e Deportiva de Galicia (COLEF Galicia).

A xornada contou asemade coa participación do presidente do Colef, Vicente Gambau, e do maxistrado, Alberto Palomar, que o secretario xeral destacou como “un dos maiores expertos e referentes de dereito deportivo deste país” e que xa fora director académico doutras xornadas sobre o novo marco xurídico para o deporte español en 2017 no CSD. Daquelas xornadas, dixo, “serviron para elaborar un documento inicial do que xa pouco queda na Lei actual”.

Neste sentido, Lete Lasa amosou o seu inconformismo ante unha Lei “apurada, improvisada e pouco coidada” que “non é a Lei que precisa o deporte español” e identificou o principal problema no intento de ligar a norma ao Fondo de Recuperación, Transformación y Resiliencia. Do mesmo xeito, enumerou as principais confusións causadas nos ámbitos das federacións, da xustiza deportiva, do público e do privado, ou das seleccións.

O secretario xeral para o Deporte apuntou que a norma debe centrarse nas principais chaves do modelo do deporte europeo como a liberdade de asociación, a importancia do deporte de base, o compromiso coa solidariedade financeira, o el papel do deporte na identidade nacional ou a función social, educativa, cultural e de saúde, entre outros.

24 de maio de 2023 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.