publicidade hoxe

Galicia volve ser epicentro do motociclismo coa proba do Mundial de Enduro de Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLalínLocal Portada
A-
A+
Presentación da proba deportiva

Presentación da proba deportiva

O secretario xeral par o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentou na mañá de hoxe a segunda proba do Campionato Mundial de Enduro que terá lugar en Lalín esta fin de semana e que concentrará na capital do Deza a uns 230 deportistas da especialidade.

O mandatario galego destacou a sona internacional de Galicia como sede das probas de motor xa que o Gran Premio de España do circuíto mundial celébrase en Lalín por segundo ano consecutivo e en 2019 tivo lugar en Santiago de Compostela. Do mesmo xeito lembrou que hai unhas semanas tivo lugar en Arteixo o inicio do mundial doutra especialidade, o Trial GP, coa participación destacada de dous galegos como Gabriel Marcelli e Jorge Casales.

Lete Lasa destacou a importancia do motociclismo en Galicia, xa que as licenzas van en aumento. Neste sentido subliñou o incremento das fichas da federación galega que en 2009 contaba con preto de 500 e actualmente sobrepasa o milleiro. Ademais dos pilotos de trial, Lete Lasa destacou a gran tempada que están a facer os pilotos galegos de motocross como Jorge Prado, Rubén Fernández ou Yago Martínez.

O responsable do deporte galego asegurou que Galicia será de novo o epicentro do motociclismo mundial nesta fin de semana e desexou a mellor das sortes para os 21 motociclistas galegos que competirán en Lalín, nomeadamente, as dúas mulleres das que dixo ser a esperanza de que as licenzas femininas repunten no motor en Galicia.

4 de maio de 2023 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.