publicidade hoxe

As liñas de autobús dos institutos de Xinzo de Limia reducirán os tempos nas rutas máis longas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaOurenseXinzo de Limia
A-
A+

As liñas de autobús integrado do IES Lagoa de Antela e do IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia verán reducidos os tempos nas rutas máis longas desde mañá.

As adaptacións que comezan a funcionar mañá permiten reducir o tempo que os escolares pasan no transporte e a espera entre que baixan ao autobús e entran ao instituto, así como entre o remate das clases a o regreso aos seus domicilios.

A nova configuración consiste en axustar aquelas rutas nas que é posible cumprir cunha duración real menor, para minimizar o tempo de viaxe a bordo do autobús.

Tamén se optimizou a coordinación das chegadas aos centros e das saídas ao remate da xornada lectiva.

En conxunto, as novas horas de chegada aos centros reducirán os tempos de espera en 15 das 16 liñas integradas que transportan aos alumnos de ambos os dous institutos.

Neste sentido, coas solucións previstas as rutas máis longas chegarán entre 4 e 9 minutos antes do comezo da xornada, mentres que os autobuses sairán inmediatamente ao remate das clases da mañá.

Os maiores aforros neste aspecto produciranse nas liñas: Atas (marquesiña)-IES Cidade de Antioquía; A Fontela (cruce)-IES Lagoa de Antela; Congostro (escolar)-Xinzo de Limia E.A.; San Millán (marquesiña)-IES Cidade de Antioquía; e Meaus (marquesiña)-IES Cidade de Antioquía. Estas 5 liñas chegarán aos centros entre 20 e 30 minutos máis tarde do que o viñan facendo, minimizando así o tempo de espera do alumnado.

10 de abril de 2023 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.