publicidade hoxe

A Xunta avoga pola simplificación de procedementos e a colaboración co sector privado para optimizar o control no sector público

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada esquerdaProvincias
A-
A+
VII Xornadas de auditoría e contabilidade en Galicia

VII Xornadas de auditoría e contabilidade en Galicia

A Xunta de Galicia avoga pola simplificación de procedementos e a colaboración co sector privado para optimizar os procedementos de control da Administración pública. Así o manifestou hoxe en Santiago o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, na inauguración das VII Xornadas de Auditoría e Contabilidade en Galicia.

Neste marco, Miguel Corgos puxo en valor o elevado volume de informes que a Intervención Xeral da Comunidade galega, no desenvolvemento das súas funcións, realizou o pasado ano 2021, emitindo máis de 50.000 informes de fiscalización limitada previa, máis de 500 no ámbito do control financeiro e case 100 de auditoría.

Un entorno complexo, cunha elevada especialización e un volume crecente de traballo que, segundo explicou o responsable da Facenda galega, vai requirir a suma dos esforzos entre os sectores público e privado para mellorar a calidade da auditoría e especializarse.

Durante a súa intervención, o conselleiro tamén destacou a creación por parte do Goberno galego, da Oficina Galega de Auditoría e Control (OGAC) que naceu precisamente para mellorar a eficiencia do control da actividade económica do sector público.

Así, explicou que avaliando os sistemas de xestión terase coñecemento da información básica para poder facer unha correcta avaliación de riscos. E, coa mellora da avaliación de riscos poderanse asignar os recursos de control ás áreas nas que exista maior risco. Desta forma, será posible planificar auditorías selectivas de xeito máis eficiente así como manter estándares de calidade de auditoría elevados.

Novas fórmulas de control para os fondos europeos

Finalmente, Miguel Corgos sinalou que, ata o de agora, as fórmulas de control de fondos europeos, baseábanse nun control posterior e unha avaliación previa sobre o funcionamento dos sistemas de xestión. Porén, as novas fórmulas de xestión dos recursos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), fan imprescindible un cambio de modelo de xestión. E, en consecuencia, dun cambio do modelo de control baseado non en elementos financeiros, senón en elementos cuantitativos e cualitativos: os fitos a acadar.

Neste sentido, Miguel Corgos afirmou que a coordinación e a gobernanza multinivel son esenciais para garantir a eficiencia no control dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia que se debe desenvolver necesariamente de forma rápida, porque o seu marco de execución é moi reducido.

10 de novembro de 2022 | 13:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.