publicidade hoxe

Marta Fernández-Tapias destaca a regata Rías Baixas Xacobeo 2022 como vía para afianzar a Galicia “no foco mundial da náutica e o turismo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocal PortadaPontevedraVigo
A-
A+
Presentación do acordo para a para a celebración da Regata Rías Baixas Xacobeo 2022

Presentación do acordo para a para a celebración da Regata Rías Baixas Xacobeo 2022

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o presidente do Real Club Náutico de Vigo, José Antonio Portela, presentaron este martes o acordo pechado entre as dúas institucións para a celebración da Regata Rías Baixas Xacobeo 2022.

“A numerosa frota promoverá o Ano Santo e difundirá os seus valores para fomentar o intercambio cultural entre a sociedade local, os peregrinos e os visitantes”, sinalou a representante autonómico durante o acto levado a cabo na sé da entidade deportiva viguesa.

A regata, proba náutica por etapas máis importante de España, celebrarase entre os vindeiros 10 e 14 de agosto, con saída desde Vigo e paso polos portos de Combaro e A Pobra do Caramiñal para retornar de novo á cidade olívica.

Fernández-Tapias destacou que a Xunta de Galicia apoiamos o proxecto da Regata Rías Baixas Xacobeo para “conseguir o ambicioso obxectivo de afianzar o liderado de Galicia como foco de atención mundial da vela, poñendo en valor ao mesmo tempo a excelencia da nosa costa”.

A delegada territorial tamén lembrou que o Xacobeo 21-22 tamén dá cobertura a outras probas náuticas, como as rutas Iacobus Maris e Cabaleiro das Cunchas, co obxectivo de difundir os valores do Ano Santo.

“Ao longo e ancho das rías de Vigo, Pontevedra e Arousa, a frota promoverá o Ano Santo e difundirá os seus valores para fomentar o intercambio cultural entre a sociedade local, os peregrinos e os visitante”, sinalou.

12 de xullo de 2022 | 13:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.