publicidade hoxe

A Xunta adxudica a mellora do firme na travesía de Esteiro, en Muros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMuros
A-
A+

A Xunta adxudicou as obras de acondicionamento do firme na travesía de Esteiro, en Muros, que comezarán nas vindeiras semanas.

Os traballos, adxudicados á empresa Construcciones J. Mauri e Hijos S.L por un importe de máis de 48.000 euros, terán un prazo de execución de 3 meses.

Trátase da reparación da capa de rodadura do treito da estrada AC-550 comprendido entre o punto quilométrico 52+820 e o 53+280, tras o afundimento das gabias dos servizos existentes.

Esta intervención incluirá o fresado de dúas cuñas triangulares de base 2 metros e 5 cm de altura na parte exterior de cada carril coa fin de darlle encaixe a unha nova capa de rodadura.

Posteriormente, procederase ao estendido de 5 cm de mestura bituminosa en quente como capa de rodadura sobre o firme existente.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade continúa traballando na conservación e mantemento da rede viaria autonómica coa fin de reforzar a seguridade e a comodidade dos usuarios.

7 de xullo de 2021 | 12:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.