publicidade hoxe

A Delegación Territorial da Xunta recibe aos participantes no Campus de baloncesto Alex Llorca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocal PortadaLugo
A-
A+
Recepción dos participantes no campus

Recepción dos participantes no campus

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, recibiu hoxe na Delegación Territorial aos participantes na sexta edición do Campus de baloncesto Álex Llorca que se desenvolve na cidade esta semana, desde o luns ata o próximo domingo.

Nesta convocatoria hai inscritos 122 rapaces e rapazas de 10 a 17 anos, procedentes de distintos lugares de Galicia e doutros puntos de España. A Xunta colabora coa iniciativa, dunha banda facilitando material deportivo e o transporte en autobús para diversas actividades a través da Secretaría Xeral para o Deporte, e doutra proporcionando o aloxamento no Centro de Educación Especial Santa María, que depende da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Na recepción participou o propio Álex Llorca, ex-xogador do CB Breogán e actualmente na plantilla do club Básquet Girona, xunto co director técnico do campus, Mateo Rubio, que esta tempada adestrou ao filial do Barcelona. Igualmente, asistiron a xefa territorial de Cultura, Educación e Universidade, Mariña Gueimunde, e o xefe do servizo de Deportes de Lugo, Manuel Otero.

8 de xullo de 2021 | 14:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.