publicidade hoxe

O Concurso Internacional do Club de Campo de Vigo bota a andar cunha axuda da Xunta de 3.500 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocal PortadaVigo
A-
A+

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asinou co presidente do Club de Campo de Vigo, Alejandro Sáenz Mosteiro, o contrato de patrocinio polo que a Xunta de Galicia outorga á entidade olívica unha axuda de 3.500 euros para a realización do LXXIX Concurso Internacional de Tenis. O torneo comezou no día de onte coa posta en xogo da fase previa e continuará a disputarse ata o vindeiro domingo 18 de agosto cando terá lugar a entrega de premios na que tamén participará o secretario xeral. No día de mañá dará comezo a parte máis agardada do cadro co inicio das fases finais de individuais e dobres.

Durante a sinatura do acordo, o mandatario galego destacou a importancia do torneo internacional con máis arraigo do tenis autonómico e o vicedecano do tenis nacional, “unha competición que xa transita pola súa septuaxésimo cuarta edición amosando un estado de saúde envexable e xuntando na arxila viguesa as mellores raquetas do panorama internacional”.

O Concurso Internacional do Club de Campo é un torneo ITF Futures nos que compiten maioritariamente deportistas mozos con poucos anos no circuíto e que contan cun futuro prometedor. O torneo está incluído no calendario internacional e é valedoiro para o ránking mundial da ATP (o vencedor suma 18 puntos ATP). A fase previa conta con 48 xogadores dos que 32 pasan á fase final, mentres que a fase final do cadro de dobres componse de 16 parellas.

13 de agosto de 2019 | 13:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.