publicidade hoxe

A ‘Tripla Coroa’ é un exemplo de equilibrio entre usos e conservación que engaden valor á candidatura do Parque Nacional como Patrimonio da Humanidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocal PortadaVigo
A-
A+

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, destacou esta mañá que eventos deportivos como a Tripla Coroa son un exemplo de garantía de equilibrio entre os usos e a conservación dos espazos naturais e que neste caso concreto engaden valor á candidatura da Xunta para que o Parque Nacional Marítimo- Terrestre Illas Atlánticas de Galicia sexa declarado como Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

Así o puxo de manifesto durante a rolda de prensa de presentación da segunda edición desta proba deportiva, organizada por Atlantic Extrem Sports, que se celebrará o vindeiro 7 de setembro e na que os participantes percorrerán a nado 19 quilómetros que separan a Praia do Almacén en Sálvora ata a Praia do Confín, no concello de O Grove.

A conselleira indicou que a Tripla Coroa é moito máis que unha proba deportiva, xa que é unha mostra da compatibilidade de usos, recollidos no Plan Reitor -xa que Illas Atlánticas é un parque nacional que conta con PRUX aprobado-, e da preservación dos valores naturais que atesoura e que o avalan como parque nacional. Un aspecto que da valor á candidatura seria e rigorosa presentada pola Xunta ante o Goberno de España, engadiu a conselleira.

Salientou que a participación de nadadores procedentes de distintos puntos de España e do mundo, como Arxentina, México, Australia e Portugal, aportan proxección internacional sobre a xoia da coroa de Galicia, as Illas Atlánticas, o único Parque Nacional co que conta a Comunidade galega.

A conselleira afirmou que a proba deportiva é un escaparate tras o que se van a levar a cabo unha serie de actuacións e actividades medio ambientais, como a limpeza da Praia do Almacén, organizada baixo o lema Mollámonos polo medio ambiente, coa que impulsar unha serie de accións para promover a conservación do medio mariño e concienciar tanto a nadadores como a visitantes das necesidades de protección do medio ambiente. Tamén se celebrará un concurso de fotografía no que os participantes tomarán entre fotos da illa de Sálvora.

17 de xullo de 2019 | 14:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.