publicidade hoxe

A Xunta iniciará a fase de voaduras para executar a parte do enlace co polígono de Morás, na marxe dereita da estrada AC-551

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArteixoLocal Portada
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciará mañá a fase de voaduras para acometer a parte do enlace de conexión co parque empresarial de Morás, en Arteixo, situada na marxe dereita da estrada AC-551.

Estas actuacións, cun prazo de execución duns dous meses, inclúen microvoaduras que farán necesarios cortes puntuais do tráfico na citada vía autonómica. A paralización momentánea da circulación estará axeitadamente sinalizada para garantir a seguridade viaria.

As obras centráronse ata esta semana no movemento de terras na marxe esquerda, onde está situado o polígono.

A Xunta prevé que este acceso á zona industrial de Morás estea rematado e en servizo a finais deste ano, cun investimento de preto de 4,4 millóns de euros. Para isto, os traballos, que comezaron a finais de marzo, avanzan a bo ritmo e están executados nun 25%, o que permitirá cumprir prazos.

5 de xuño de 2019 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.