publicidade hoxe

A Xunta destina 100.000 euros a financiar iniciativas destinadas á mocidade en 18 concellos da provincia de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, vén de resolver a orde de subvencións para financiar iniciativas locais destinadas á xuventude que ten como finalidade poñer en marcha programas dedicados á mocidade durante o 2019.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, destacou que estas axudas van dirixidas a promover e mellorar a calidade dos proxectos que desenvolven os concellos galegos dirixidos aos seus mozos e mozas.

O Goberno galego apoiará con máis de 97.000 euros a execución de 18 iniciativas noutros tantos concellos da provincia de Ourense. O importe que recibirá cada un destes municipios, dependerá da puntuación obtida segundo a orde, Así mesmo, a contía de maior cantidade será de 6.000 euros.

A representante do Goberno autonómico explicou que as iniciativas ourensás aprobadas corresponden aos concellos de: Bande, Baños de Molgas, O Barco de Valdeorras, A Bola, Castrelo de Miño, Cenlle, Maside, Muíños, Oímbra, Ourense, O Pereiro de Aguiar, Ribadavia, Viana do Bolo e Xinzo de Limia.

A Xunta destina no conxunto do Comunidade 500.000 euros a financiar 82 iniciativas, das que 78 corresponden a solicitudes individuais e catro a conxuntas.

5 de xuño de 2019 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.