publicidade hoxe

Comezan as obras de mellora de seguridade viaria na estrada OU-212, ao seu paso polo concello ourensán de Avión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAviónLocal PortadaOurense
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inicia este semana as obras de mellora de seguridade viaria na estrada de titularidade autonómica OU-212, ao seu paso polo concello ourensán de Avión.

Esta intervención, cun prazo de execución duns dez días, conta cun investimento autonómico de máis de 130.000 euros.

Este contrato se enmarca dentro dos traballos de conservación de estradas da Axencia Galega de Infraestruturas e ten como obxectivo o acondicionamento desta vía da Xunta, no que se levarán a cabo distintas intervencións de mellora.

Os traballos comezan na entorna da aldea de Liñares, coa rehabilitación do firme nun tramo de 1 Km da estrada OU-212, entre os puntos quilométricos 8 e 9.

Na travesía de Avión executaranse 2 pasos sobreelevados, unha vez que foron realizados nos bordos das beirarrúas os cambios necesarios para executar os mesmos.

A actuación do departamento de Infraestruturas da Xunta se completarán coa rehabilitación do firme en dúas curvas do vial autonómico, nos puntos quilométricos 21-23.

7 de maio de 2019 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.