A Xunta destaca o traballo que levan a cabo dende mulleres de Seu-Clun na formación das mulleres no medio rural
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella mantivo esta mañá unha xuntanza coa coordinadora e coa xefa de planificación e control, de Mulleres de Seu de Clun, onde destacou o labor que levan a cabo en prol da formación das mulleres no eido rural
Segundo indicou López Abella, o obxectivo de ‘Mulleres de Seu é crecer e fortalecerse, para o que deseñaron un amplo programa de accións ata o 2020, que hoxe foi presentado e que incidirá en accións de formación, con cursos de técnicas profesionais relacionadas coas explotacións gandeiras e no ámbito tecnolóxico, así como na incorporación de formación profesional especializada
Así mesmo, poñeranse en marcha novas iniciativas centradas na mellora da calidade de vida. Talleres que profundan nos hábitos de vida saudables, educación no ámbito familiar ou formación no coidado de dependentes, incidindo na corresponsabilidade nas tarefas de coidado, entre outros.
Finalmente López Abella enxalzou o traballo que vén facendo o grupo ‘Mulleres de Seu’, que ha xa sido merecedor de importantes recoñecementos como o Premio de Cooperativas Agroalimentarias de España na Categoría de Igualdade de Oportunidades, concedido en 2017, e o Premio Agader 2018 ás Iniciativas de Desenvolvemento Rural na Categoría de Mulleres, outorgado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia.
O Grupo Mulleres de Seu é unha iniciativa que partiu en 2013 e que na actualidade implica a todas as socias de CLUN, e que traballa para promover o empoderameento e o desenvolvemento profesional das mulleres, dignificando o seu papel no ámbito rural.











