publicidade hoxe

O DOG publica o inicio das expropiacións para a construción dun itinerario peonil e ciclista entre Tallós e Bexo, no concello de Dodro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDodroLocal Portada
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción dun itinerario peonil na estrada AC-305, entre Tallós e Muro Novo.

No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a esta publicación: https://goo.gl/YGzQ74

Esta intervención licitouse recentemente cun investimento de máis de 236.000 euros e as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 4 de febreiro.

A actuación prevé a execución de 3 tramos de senda, que xunto cos tramos xa existentes, permitirán completar un itinerario peonil na marxe dereita da estrada AC-305 entre os lugares de Tallós e Bexo.

As sendas que se van construír suman máis de 1,5 quilómetros e terán 2 metros de largo, iniciándose a actuación á entrada de Tallós, entre os puntos quilométricos 2+450 a 2+570, seguindo de Tallós a Muronovo, puntos quilométricos 2+920 a 3+630, e rematando no tramo de Mo a Bexo, puntos quilométricos 5+155 a 5+875.

Ademais, colocaranse unha tubaxe para canalizar as augas de drenaxe, así como unha canalización que permita nun futuro a instalación de alumeado se é preciso.

Cómpre lembrar que esta actuación aprobada polo Executivo autonómico se enmarca na estratexia deseñada pola Xunta para a promoción de contornos urbanos seguros, fomento da mobilidade sustentable e a mellora da accesibilidade e calidade de vida da cidadanía.

14 de xaneiro de 2019 | 16:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.