publicidade hoxe

Marisol Díaz Mouteira recibe o novo presidente dos empresarios do polígono industrial de San Cibrao das Viñas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseOurense
A-
A+
Marisol Díaz Mouteira na reunión co novo presidente dos empresarios do polígono San Cibrao das Viñas

Marisol Díaz Mouteira na reunión co novo presidente dos empresarios do polígono San Cibrao das Viñas

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu esta mañá ao novo presidente da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, José Antonio Rodríguez Araújo. A representante do Goberno galego mantivo así o seu primeiro encontro institucional con Rodríguez Araújo desde que foi elixido, a finais do pasado mes de decembro, presidente do colectivo empresarial.

Na xuntanza Díaz Mouteira escoitou as demandas dos empresarios asentados neste polígono industrial e xunto co seu presidente analizou liñas de cooperación para favorecer a actividade empresarial. A delegada territorial subliñoulle ao presidente do polígono a aposta decidida do Goberno galego por mellorar e potenciar esta zona industrial, creada hai 53 anos e que hoxe suma 320 empresas e 8.000 traballadores e constitúe o gran polo industrial da provincia de Ourense.

A representante da Xunta, no encontro, lembrou as actuacións do Goberno galego neste recinto empresarial co fin de convertelo en polo de atracción de novos investimentos na provincia de Ourense e de toda Galicia.

Neste sentido, Díaz Mouteira referiuse ao bo ritmo de execución das obras da conexión do polígono de San Cibrao das Viñas e a autovía das Rías Baixas que se prevé que entre en servizo a mediados de 2020, cun investimento autonómico de 21,8 M€.

Marisol Díaz lembrou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria activa todos os anos diferentes liñas de axudas destinadas a facilitar os investimentos e a creación de emprego, impulsar proxectos da Industria 4.0 e á innovación, así como a mellora da competitividade e a internacionalización do tecido empresarial galego, entre os seus principais obxectivos.

17 de xaneiro de 2019 | 16:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.