publicidade hoxe

A Xunta inviste 149.000 euros na recuperación da contorna da caseta de pescadores e piragüismo en Ponte Olveira con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDumbríaLocal Portada
A-
A+

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, asinou xunto ao alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, as actas de recepción das obras realizadas con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

En total, investíronse algo máis de 149.000 euros na recuperación da contorna da caseta de pescadores e piragüismo en Ponte Olveira.

Ao abeiro destas axudas realizáronse na comarca de Bergantiños e Costa da Morte 12 proxectos nos que se investiron 498.684 euros para facer obras en Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cee, Cerceda, Corcubión, Coristanco, Dumbría, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Vimianzo e Zas.

Ovidio Rodeiro destacou que “estas axudas son posibles grazas á aprobación, en 2009 da lei, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental xa que antes os concellos non percibían nada polos muíños de produción de enerxía eléctrica instalados no seu territorio”.

Estas novas actuacións previstas para o 2018 financiáronse con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental e con cargo a fondos propios da Orden de Infraestruturas da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

As subvencións do Fondo de Compensación Ambiental correspóndelles aos concellos que teñen o seu territorio municipal dentro dunha poligonal de delimitación dun parque eólico ou están afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación. Estas axudas van a destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial.

10 de xaneiro de 2019 | 16:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.