publicidade hoxe

A Xunta inviste 116.000 euros na mellora da área deportiva, renovación de luminarias e adquisición dun remolque en Vimianzo con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVimianzo
A-
A+

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias visitou esta maña o concello de Vimianzo acompañada do alcalde, Manuel Antelo Pazos, e do delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, onde comprobou as actuacións levada a cabo con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental.

Segundo indicou Fernández-Tapias, en total, grazas ao canon eólico, investíronse algo máis de 116.000 euros na mellora da área deportiva municipal, na renovación de luminarias exteriores e nun remolque cun equipo de limpeza de alta presión para prestar servizos municipais. Estas actuacións previstas financiáronse con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental na liña non competitiva destinada aos concellos que teñen no seu territorio un parque territorial ou unha vía de evacuación.

Ao abeiro destas axudas realizáronse grazas ás axudas da Vicepresidencia, na comarca de Bergantiños e Costa da Morte 12 proxectos nos que se investiron 498.684 euros para facer obras en Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cee, Cerceda, Corcubión, Coristanco, Dumbría, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Vimianzo e Zas.

Marta Fernández-Tapias lembrou que a convocatoria das axudas tanto de esta liña de axudas como da Orde de Infraestruturas de uso público, foron publicadas o pasado 31 de decembro no Diario Oficial de Galicia, e entre ambas ordes suman 14 millóns de euros destinados ás entidades locais de Galicia.

14 de xaneiro de 2019 | 16:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.