publicidade hoxe

A Xunta apoia o labor do Centro Especial de Emprego Panificadora Mencer

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+

O delegado territorial da Xunta de Galicia visitou, esta mañá, as instalacións do Centro Especial de Emprego Mencer, ubicado no Parque Empresarial Bergondo. Este Centro Especial de Emprego ten 43 traballadores dedicados á fabricación de empanadas e conta cunha axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria de 215.000 euros na actual convocatoria vixente bianual 2018-2019.

Este Centro Especial de Emprego xa comercializa os seus produtos en Portugal e en moitos puntos de España. “Neste momento, apuntou Ovidio Rodeiro, o 80% do que produce véndese fora de Galicia”.

O representante do goberno autonómico destacou que “na provincia da Coruña dende a Xunta de Galicia estamos apoiando 69 centros especiais de emprego nos que investimos, na última convocatoria de axudas 2018-2019, 5,8 millóns de euros, o que permite axudar ao pago das nóminas de 1.672 traballadores”. A actuación, que forma parte da Axenda 20, enmárcase no orzamento global que a Xunta está destinando este ano aos programas específicos para o emprego das persoas con capacidades diferentes.

Na convocatoria 2018/2019 distribuíronse as axudas en tres tipos de programas: axudas ás unidades de apoio, que ten por obxecto financiar os custes salariais e da Seguridade Social derivados da contratación indefinida de traballadores para apoiar o labor das persoas con con capacidades diferentes; axudas á creación, ampliación, mantemento e adaptación de postos de traballo nos centros especiais de emprego; e apoios ao mantemento do custe salarial nos CEE

Nestas axudas resaltan os incentivos cunha maior contía para os centros especiais sen ánimo de lucro. A contía base foi nestes casos de 13.222 euros e a porcentaxe de financiamento do investimento chegou ao 100%. Ademais, as axudas foron maiores nos casos nos que se creou emprego feminino, no rural ou entre as familias con todos os seus membros en paro. Nestes casos, os incentivos aumentaron nun 25% e serán acumulables entre si.

Reforzouse, así mesmo, os apoios aos traballadores con especiais dificultades de inserción sociolaboral, é dicir, aqueles con discapacidades físico-sensoriais superiores ao 65% ou con discapacidades psíquicas-intelectuais de máis do 33%. Neste caso, as contías das axudas á creación de postos estables foron máis elevadas, ao tempo que se incrementaron os apoios ao custo salarial chegando ata o 56% do salario mínimo interprofesional (396,31 euros).

Esta medida forma parte da Axenda 20 coa que a Consellería de Economía, Emprego e Industria está favorecendo a integración laboral das persoas con capacidades diferentes, que son un colectivo prioritario en todas as políticas activas de emprego da Xunta. En definitiva, a Xunta traballa polo emprego inclusivo cun reto principal: mellorar as condicións de empregabilidade dos galegos e galegas, dando resposta ás persoas que teñen máis dificultades para atopar un emprego.

30 de xaneiro de 2019 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.