publicidade hoxe

Cores Tourís reúnese cos veciños de Laxoso para analizar a situación do proxecto de mellora da PO-234 en Ponte Caldelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPonte CaldelasPontevedra
A-
A+

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo esta mañá unha reunión cos veciños da parroquia de Laxoso de Ponte Caldelas co obxectivo de analizar a situación do proxecto de mellora da PO-234 ao seu paso por este municipio.

Cores Tourís estivo acompañado polo xefe territorial de esta Consellería en Pontevedra, José Luis Díez, e nesta reunión estiveron presentes representantes da comunidade de montes, da asociación de veciños e da plataforma pola PO-234.

O delegado territorial recordoulles que continúa a tramitación da segunda fase de mellora desta estrada. Mentres, os técnicos continúan a avanzar na redacción do proxecto de mellora da terceira fase da reformada PO-234.

Esta obra, que supón a reforma desta estrada ao longo de seis quilómetros, comezou polo tramo que se atopa no concello de Cerdedo-Cotobade, tramo que foi rematado recentemente. Hai que recordar que este concello puxo a disposición da Xunta os terreos grazas a un proceso de diálogo con veciños, axilizándose así a obra, mentres que o proxecto de Ponte Caldelas tivo que sumar a necesidade de realizar un trámite expropiatorio.

O delegado territorial comprometeuse durante a reunión a dar traslado da preocupación dos veciños á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a solicitar unha reunión entre a conselleira e os representantes veciñais de cara a informarlles da tramitación e dos próximos prazos desta obra.

8 de outubro de 2018 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.