publicidade hoxe

A Xunta investiu máis de 1,1 millóns de euros na Cañiza grazas aos cales levaron a cabo diversas actuacións de mellora en diversos puntos do concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaLocal PortadaPontevedra
A-
A+

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda visitou hoxe o concello da Cañiza, onde comprobou da man do seu alcalde, Miguel Domínguez algunhas das actuacións levadas a cabo no concello grazas ás axudas da Vicepresidencia, que nos últimos anos aportou ás arcas municipais máis de 1,1 millóns de euros.

Alfonso Rueda que estivo acompañado da directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias e do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís indicou que precisamente na orzamentos do seu departamento para o ano que vén a partida destinada á Orde de Infraestruturas conta cun incremento dun 30 por cento na súa contía.

Concretamente, neste concello pontevedrés levaranse a cabo melloras de humanización na rúa Regueiro que consistirán na reforma do pavimento da vía coa inclusión dun paso elevado para aumentar a seguridade viaria de vehículos e peóns. Así como melloras nas instalacións deportivas do ximnasio municipal coa ampliación da sala de máquinas e cardio.

Nos últimos anos, o concello da Cañiza levou a cabo diversas actuacións como a adecuación de áreas recreativas e obras de saneamento, reformas nas traídas de augas, instalacións de puntos limpos, melloras en parques infantís, todas elas obras pequenas que contribúen decisivamente á mellora da calidade de vida dos veciños.

A Orde de Infraestruturas é unha liña de subvencións que ten como principal obxectivo mellorar as condicións de vida dos veciños, coa mellora das dotacións e equipamentos destinados á prestación de servizos municipais.

30 de outubro de 2018 | 16:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.