publicidade hoxe

A Xunta avanza no borrador da nova Lei de xogo co obxectivo principal da súa regulación, control e a garantía dun uso responsable

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSanxenxo
A-
A+

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luís Menor indicou hoxe que a Xunta segue coa elaboración do borrador da nova Lei de Xogo que ten como obxectivo regular e controlar o xogo en Galicia, e garantir un uso responsable, a través do establecemento de limitacións e controis no seu desenvolvemento.

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor participou esta mañá na inauguración do XXVI Congreso da Asociación Galega de Empresas Operadoras (AGEO), xunto ao presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, Jorge Cebreiro e o presidente de AGEO, Serafín Portas, onde indicou que entre os obxectivos da norma autonómica, está o establecemento dun maior control por parte da Administración dos perigos e os riscos derivados dun abuso ou dun exercicio incontrolado do xogo, o establecemento duns principios e unha política de xogo responsable, e unha actualización da norma que recolla as necesidades do sector e da sociedade en xeral na procura dunha conciencia xeral do que se entende como xogo responsable.

No seo da Comisión de Xogo,segundo indicou o director xeral, foi constituído un grupo de traballo para abordar o xogo responsable. Neste grupo de traballo, que iniciará os seus traballos na primeira quincena de novembro, trataranse as modificacións normativas que se pretendan acometer, oirase a todos os sectores e asociacións afectadas, terase en conta as súas demandas e propostas e recollerase, no posible, as súas reivindicacións. Neste grupo de traballo participan tanto departamentos da Administración autonómica como expertos universitarios, asociacións de ludópatas e tamén todos os sectores do xogo.

Luís Menor indicou tamén que neste ano o servizo de xogo incorporouse definitivamente á tramitación electrónica de procedementos e nos servizos centrais xa se implantou a recepción e notificación electrónica de todos os expedientes, polo que se reduciron notablemente o tempo de tramitación dos mesmos, xa que nos últimos anos houbo un gran incremento de expediente tramitados, pasando dos 364 expedientes resoltos no 2015, 306 expedientes resoltos no 2016, 861 expedientes resoltos en 2017 existindo 710 expedientes resoltos no que levamos de 2018.

Ademais, Luís Menor lembrou que o pasado mes de setembro, a Xunta autorizou a apertura unha sala adicional do Casino de A Toxa no concello de Vigo unha vez examinada toda a documentación requirida, o que permitirá potenciar e xerar actividade económica directa e indirecta na cidade, así como a conseguinte xeración de emprego.

25 de outubro de 2018 | 16:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.