publicidade hoxe

Xunta e concello de Xunqueira de Espadanedo estudan novas vías de colaboración en materia de prevención de incendios

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse co alcalde de Xunqueira de Espadanedo, Carlos Gómez, para abordar os temas relacionados co agro neste concello ourensán e coñecer así de primeira man as necesidades e demandas dos seus veciños.

Neste senso, a conselleira tomou nota da solicitude que lle trasladou o rexedor para poder contar cun tractor con dúas rozadoras, co fin de levar cabo as limpezas en pistas municipais, masas comúns e faixas secundarias. Ángeles Vázquez sinalou ao respecto que se estudiará, como todas as peticións, a dispoñibilidade orzamentaria e recalcou que o obxectivo é chegar este ano aos 70 concellos galegos aos que se lles facilitou esta maquinaria, ben a través de achegas económicas para a súa compra ou autorizando o seu uso.

A prevención de incendios forestais está tamén reforzada neste municipio a través do convenio de colaboración subscrito con este departamento autonómico. Precisamente ten asinado a liña para a contratación de brigadas de prevención e extinción e a de rozas mecanizadas.

4 de setembro de 2018 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.