publicidade hoxe

Cores Tourís visita as actuacións executadas dentro do Plan marco no concello de Cuntis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCuntisLocal PortadaPontevedra
A-
A+
Cores Tourís na visita a Cuntis

Cores Tourís na visita a Cuntis

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou esta mañá en Cuntis as obras executadas dentro do Plan Marco 2017-2018 a través das cales puidéronse mellorar dous camiños deste concello, onde se investiron preto de 65.000 euros.

Na visita estivo acompañado polo alcalde do municipio, Manuel Campos, e pola xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra, María José Pérez Gil.

A obra consistiu na mellora dos firmes de dous camiños, un que une O Caeiro e Arcos, cunha lonxitude é de 863 metros, e unha pista que vai de Transponte a Cuntis de 602 metros. “En total, un quilómetro e medio de melloras, con ensanche nalgúns puntos e mellora de firme”, explicou Cores Tourís..

A mellora de ambos viais foi necesaria por estar en mal estado o firme anterior, procedéndose no primeiro camiño a pavimentar con 5 centímetros de aglomerado en quente, recalce de tapas de rexistro e escavación de cunetas; e no segundo, con aplicación de triple rega asfáltica sobre unha base de pedra de dez centímetros e apertura de cunetas nos laterais do camiño.

Segundo apuntou José Manuel Cores Tourís, o Plan Marco ten como “obxectivo ampliar, mellorar ou manter os camiños de titularidade municipal que faciliten o acceso dos agricultores e gandeiros as súas parcelas”. Deste xeito, facilitarase a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños municipais incluíndo tanto actuacións que supoñan un incremento da largura da vía, o reforzo do firme e terrapléns ou a limpeza das marxes. Quedan excluídas, en cambio, as actuacións en rúas interiores, dentro dos núcleos de poboación.

En total, para a provincia de Pontevedra, o investimento do Plan Marco ascenderá no presente 2018 a algo máis de 3,2 millóns de euros.

13 de setembro de 2018 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.