publicidade hoxe

Chantada incrementa as prestacións municipais aos veciños coa contratación de 5 desempregados co DepuEmprego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChantadaLocal PortadaLugo
A-
A+

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, informou este xoves que o Concello de Chantada incrementa as prestacións municipais aos veciños do municipio a través da contratación de 5 lucenses en paro que agora están a traballar en dita localidade a través do DepuEmprego. Fíxoo cunha achega de 70.000 euros que permitiron a contratación deste persoal. Trátase da programación provincial que o Goberno da Deputación dotou con 3,5 millóns de euros cos que se financiar custos laborais de novos empregados nos municipios lugueses de menos de 20.000 habitantes.

López Izquierdo, explicou que “dende o Goberno da Deputación decidimos pór en marcha esta programación pois somos conscientes das limitacións que teñen os municipios para contratar a máis persoal, co que mellorar o catalogo de servizos que os Concellos ofrecen aos veciños”. Neste senso, A Deputada lembrou que no 2007 a taxa de reposición era do 100% mentres que nos últimos anos, salvo excepcións de grupos especiais, a reposición foi o 0%, o que. “É dicir, por cada 10 traballadores públicos que se marcharon, só entrou 1 a traballar na administración, ocasionando unha merma na calidade dos servizos que se ofrece aos veciños”, apuntou.

5 traballadores de Chantada

O Goberno da Deputación, dentro da súa aposta pola xeración de emprego na provincia de Lugo, financiou a contratación de 5 empregados no Concello de Chantada, a través do programa DepuEmprego. Son Antonio, José, Iván, José e Julio os veciños que arestora están a traballar no municipio, reforzando as prestacións que ofrecemos aos veciños.

Antonio, un home de 38 anos que leva desde os 19 no mundo laboral, desfruta do programa DepuEmprego por primeira vez como condutor de tractor-desbrozadora no Concello de Chantada. “Trátase dun posto no que podo pór ao servizo do Concello os meus coñecementos en traballos de apoio á silvicultura, sector no que teño experiencia no manexo de maquinaria agrícola, tratamento de montes forestais, plantacións”.

Iván, de 31 anos, desenvolve por segundo ano a súa actividade como peón de rego asfáltico no Concello de Chantada, ata onde se despraza dende Monforte, onde reside. “O posto encaixa perfectamente no meu perfil profesional, xa que adquirín a miña experiencia traballando tanto no sector privado como no público”.

José, un home de 53 anos, palista e chófer de profesión, conta cunha experiencia de 21 anos que lle permitiu ser seleccionado para o posto de palista no Concello de Chantada, dentro do programa DepuEmprego.

José, de 50 anos, comezou a traballar como condutor de camión con gravilla, emprego que conseguiu despois de concorrer aos procesos de selección do DepuEmprego. É o segundo ano que José Luis opta a un posto con este programa, no anterior exerceu como condutor de pisón. “É un posto que encaixa á perfección coa miña experiencia laboral, xa que anteriormente traballou como condutor de camións e tamén como soldador”.

Julio, un home de 46 anos, traballou moitos anos como condutor de camións e tamén para a administración local. Camioneiro de profesión, desenvolve por segundo ano o posto de condutor de camión-cuba no Concello de Chantada, dentro do programa DepuEmprego.

13 de setembro de 2018 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.