publicidade hoxe

Arrancan os traballos de mellora de 4 estradas na Pobra do Brollón con 370.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do BrollónLocal PortadaLugo
A-
A+

O Presidente, Darío Campos Conde, supervisou este martes o inicio das obras de mellora e acondicionamento da rede viaria provincial no Concello da Pobra do Brollón. O Executivo Provincial inviste 370.000 euros na mellora de 8 quilómetros de 4 estradas deste municipio da Montaña Lucense. Son a LU-P-4702, que vai de Vilachá por Rozabales á Estación da Pobra do Brollón, na que se actuará entre o puntos quilométricos 0 e 1,2; a LU-P- 4703, que vai da LU-652 a Santalla de Rei a LU-653 entre os puntos 4,6 e 6,8; a LU-P-4707, que vai de Pobra do Brollón por Saa, a Veneira De Roques entre os puntos quilométricos 1 e 2,8; e na LU-P-4710 da LU-P-4701 Salcedo á Estación da Pobra do Brollón (LU-933), entre os puntos 2,2 e 4,8.

As actuacións, consistentes na limpeza de cunetas, rehabilitación do firme con aglomerado en quente e renovación da sinalización horizontal e vertical, comezaron na LU-P-4703. A continuación, os traballos continuarán na LU-P-4707, para seguir coa LU-P-4710, e finalizarán coa mellora da LU-P-4702. A previsión é que as obras nas catro vías de titularidade provincial estean rematadas a mediados do mes de outubro.

Campos Conde subliñou que “con estas actuacións melloramos os accesos a unha ducia de núcleos rurais da Pobra do Brollón, entre os que se atopan: Vilachá, Salvadur, Airexa, Salgueiros, Piño, Veiga, Santa de Rei, Santo Adrián, Fondorallo, Salcedo, Martul e Castroncelos, beneficiando aos 700 veciños e veciñas que utilizan estas vías a cotío para realizar os seus desprazamentos. Facémolo dentro da nosa aposta por unha Deputación social, rural e coas persoas”.

A LU-P-4702 transcorre polos núcleos de Vilachá, Salvadur, Airexa e Salgueiros; a LU-P-4703 pasa por Piño, Veiga e Santalla de Rei; a LU-P-4707 une a capitalidade da Pobra do Brollón con Santo Adrián e Fondorallo; e, finalmente a LU-P-4710 atravesa os núcleos de Salcedo, Martul, Castroncelos e conecta coa estación de tren. Cómpre subliñar que con estas actuacións, esta última estrada queda totalmente renovada.

11 de setembro de 2018 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.