publicidade hoxe

A Xunta colaborará na mellora da Casa do Concello de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurense
A-
A+

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe o concello de Ourense para coñecer o proxecto de mellora da Casa do Concello, no que a Xunta colaborará.

Durante o encontro, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, explicou ao vicepresidente e á delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, os detalles destes traballos, que consistirán fundamentalmente na renovación da carpintería exterior da primeira e segunda planta do concello. Con esta actuación, conseguirase tamén mellorar a eficiencia enerxética do edificio.

A Xunta mantén un diálogo e colaboración permanente cos concellos, e articula este apoio a través de distintas fórmulas como a sinatura de convenios de colaboración para proxectos de interese ou as distintas ordes de axudas en materia de infraestruturas, equipamento ou igualdade.

Tras a visita ao concello, Rueda, acompañado do alcalde da cidade e da delegada territorial, reuniuse tamén con representantes das asociacións Aixiña, Renacer Ourense e Down Ourense, coas que o departamento que dirixe mantén liñas de colaboración que se centran fundamentalmente na adquisición de equipamento.

A Administración autonómica puxo en valor o importante labor que desenvolven estas entidades na atención aos colectivos máis vulnerables, e comprometeu o apoio da Xunta para que poidan seguir desenvolvendo este papel nas mellores condicións posibles.

18 de xullo de 2018 | 14:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.