publicidade hoxe

A Xunta adxudica por 557.000 euros as obras de reforzo de firme na estrada OU-636, ao seu paso polos concellos da Pobra de Trives, Larouco e Quiroga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra de TrivesLaroucoLocal PortadaLugoOurenseQuiroga
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de adxudicar por máis de 557.000 euros as obras de reforzo de firme na estrada OU-636, ao seu paso polos concellos da Pobra de Trives, Larouco e Quiroga.

Estas actuacións, que serán executadas pola empresa Misturas Obras e Proxectos, S.A., dispoñen dun prazo de execución de catro meses e as obras comezarán na segunda quincena de agosto, axilizándose os traballos todo o posible para terminar a mesma en menos tempo.

A intervención consiste na rehabilitación localizada do firme da estrada OU-636, entre A Pobra de Trives e Freixido. Os traballos principais se corresponden coa reparación do firme nos tramos nos que a estrada de titularidade autonómica presenta o desgaste derivado do tráfico que circula por esta vía, mediante o fresado e a reposición da capa de rodadura.

Plan de reforzos de firmes
Coa execución deste tipo de traballos, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda continúa co desenvolvemento do Plan de Reforzos de Firme, que nos Orzamentos para 2018 incrementa de modo moi importante a súa dotación de 15 a 20 millóns de euros.

O departamento de Infraestruturas da Xunta está a realizar importantes esforzos en materia de conservación de estradas, con actuacións que non só se limitan ás tarefas ordinarias de conservación, senón que ademais se complementan con obras de conservación extraordinarias.

18 de xullo de 2018 | 14:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.