publicidade hoxe

Marta Míguez destaca a “excelencia organizativa que ofrecen as institucións e administracións galegas” na presentación do Campionato de España de Baloncesto Infantil Feminino

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocal PortadaPontevedra
A-
A+
Presentación do campionato

Presentación do campionato

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, participou na mañá de hoxe na presentación do Campionato de España de Baloncesto Infantil Feminino que se celebrará na cidade de Pontevedra entre os días 10 e 16 deste mes.

Na súa intervención, a responsable do Deporte galego destacou a “excelencia organizativa que ofrecen os equipos, institucións e administracións galegas” e que fai que en Galicia se celebren eventos desta categoría. Deste xeito, “do 10 ao 16 de xuño teremos a oportunidade de ver xogar nunha das nosas sete cidades máis importantes ao mellor do baloncesto infantil feminino do noso país”, apuntou.

Tras reivindicar a capacidade educativa que ten o baloncesto para os máis pequenos así como a vertente feminina deste deporte, a secretaria xeral informou que nestes seis días haberá “unha verdadeira escolma do deporte do baloncesto pero tamén da nosa canteira deportiva e da visibilidade que lle debemos dar aos deportes femininos nas pistas do CGTD, o Universitario e o Príncipe Felipe”.

Cara a fin do seu relatorio, Míguez desexoulle “moita sorte” aos equipos de todas as provincias e especialmente aos equipos galegos -Bosco Salesianos, Celta Zorka e Allariz- que de seguro terán unha participación estelar. Do mesmo xeito, agradeceu ao CB Arxil, organizador do evento, “o seu traballo e o seu coidado minucioso sen deixar ningún fío solto que permite que este campionato tome forma”.

5 de xuño de 2018 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.