publicidade hoxe

A Secretaría Xeral da Emigración renova o seu compromiso cos galegos retornados na súa visita á oficina de Federación de Venezolanos en Galicia en Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorLocal PortadaVigo
A-
A+
Visita de Antonio Rodríguez Miranda

Visita de Antonio Rodríguez Miranda

A Secretaría Xeral da Emigración vén de renovar o seu compromiso cos galegos retornados de Venezuela a través do convenio que mantén coa Federación de Galegos de Venezuela (Fevega), coa que colabora de xeito económico para axudar a garantir o servizo gratuíto de información e asesoramento. O titular do departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, ratificou esta mañá a súa implicación cos galegos que están a sufrir as consecuencias da grave crise social que atravesa o país suramericano durante a visita á unha das tres oficinas que a agrupación ten repartidas por toda a comunidade, situada en Vigo.

Ourense e unha terceira unidade móbil, que permite ao persoal de Fevega desprazarse por diferentes concellos e comarcas de todas as provincias de Galicia, completan a oferta de asesoramento da entidade de venezolanos a todos os galegos que veñen de retornar, así como a calquera outra persoa que precise información. En total, as tres oficinas atenderon nos cinco primeiros meses do ano un total de 732 consultas, das que 507 se dirixiron directamente tanto á da cidade olívica como a itinerante, e outras 225 á ubicada na capital ourensá.

Unha prioridade en emigración

“Venezuela é nestes intres a nosa prioridade en materia de emigración. Leva séndoo desde que se agravou a crise que está a desestabilizar o país, e o vai seguir sendo ata que a situación se normalice. A difícil conxuntura que están a vivir os galegos que residen en Venezuela require de todos os nosos esforzos para axudar a procurarlles as súas necesidades máis básicas”, sinalou Miranda. Entre outros programas xestionados polo departamento dependente da Presidencia da Xunta, o responsable autonómico salientou as axudas extraordinarias ao emigrante retornado, que contan este ano cunha partida específica de 900.000 euros para os procedentes deste país, e a de medicamentos, para a que se dispón de 150.000 euros.

Máis de dous millóns para este colectivo

A Secretaría Xeral da Emigración destinará un total de 2,2 millóns de euros aos galegos de Venezuela entre as actuacións levadas a cabo no propio país e as que teñen como obxectivo o fomento do retorno. Entre estas últimas se atopa o convenio que mantén coa Federación de Venezolanos en Galicia, dotada con 35.000 euros destinados a cubrir os gastos do seu labor de información e asesoramento.

Venezuela é o quinto país do mundo con maior presenza de galegos, 40.226 a 1 de xaneiro de 2018, dos que 25.309 (un 37,08 %) naceron xa na diáspora. A galega é, trala canaria, a colectividade española máis relevante nun país que está a atravesar momentos de especial incerteza sobre o seu futuro.

14 de xuño de 2018 | 16:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.