publicidade hoxe

Sométese a información pública o proxecto dos itinerarios peonís e ciclistas na zona dos parques empresariais e na Derrasa, no concello do Pereiro de Aguiar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO Pereiro de AguiarOurense
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se somete a información pública o proxecto dos itinerarios peonís e ciclistas previstos na estrada OU-537, na zona dos parques empresariais, e na OU-536, na Derrasa, no Concello do Pereiro de Aguiar.

O prazo para a presentación de alegacións e informes en relación a este proxecto abranguerá dende mañá ata o vindeiro 12 de xullo. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información: https://goo.gl/8r518n

O proxecto define dous itinerarios peonís e ciclistas, un deles na marxe dereita da OU-537, estrada dos parques empresariais, cunha lonxitude aproximada de 2,25 km, entre os pp.qq. 0+010, na intersección coa OU-101, na Medorra, e o 2+255, na intersección coa OU-536, na Derrasa.

A outra senda proxéctase na marxe esquerda da OU-536, desde o punto quilométrico 7+080, á altura da ponte sobre o río Loña, no trazado da antiga estrada, frecuentada por peóns pola proximidade no embalse de Cachamuíña, ata o paso de peóns do punto 8+080, na Derrasa.

As sendas terán un ancho mínimo de 1,8 metros na OU-537 e de 2,5 metros na OU-536, e irán separadas da calzada por unha cuneta de seguridade e por unha banda axardinada nalgúns tramos, segundo as necesidades de cada subtreito. Executaranse con formigón coloreado.

Plan de Sendas

Estas actuacións, que serán cofinanciadas con Fondos Feder 14/20 para o fomento da mobilidade sostible, están enmarcadas no Plan de sendas na comarca de Ourense, que suman 16 km e un investimento de máis de 2,6 millóns de euros.

Este plan ten como obxectivo incrementar a seguridade de peóns e ciclistas, posto que son os usuarios máis vulnerables das estradas. Tamén busca promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos á utilización do vehículo particular.

31 de maio de 2018 | 16:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.