publicidade hoxe

Portos de Galicia inviste 20.000 euros en tarefas de conservación e mantemento no porto de Ares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAresLocal Portada
A-
A+

Portos de Galicia está a investir máis de 20.000 euros en tarefas de conservación e mantemento dos pantaláns do porto do municipio coruñés de Ares. Así o trasladou esta mañá o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita realizada á zona.

Durán Hermida explicou que nunha inspección rutineira das que se realizan de xeito periódico en todos os portos de titularidade autonómica, detectáranse deficiencias no pantalán número 5, destinado á sétima lista. Ante esta situación, o ente público está a reparar esta instalación flotante.

En concreto os traballos, que se atopan xa en execución, consisten na reposición dos elementos de amarre e reforzo das suxeicións do pantalán. Deste xeito, increméntase a seguridade para a frota que se atopa amarrada a el e minimízanse riscos para as persoas e as embarcacións. Portos de Galicia estima que os traballos poidan estar rematados nas vindeiras semanas.

3 de maio de 2018 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.