publicidade hoxe

José Manuel Pinal participa na clausura do programa escolas embaixadoras do Parlamento Europeo no IES Pedra da Aguia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCamariñasLocal Portada
A-
A+

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, participou hoxe na clausura do programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo no IES Plurilingüe Pedra da Aguia (Camariñas), centro ao que felicitou por ter gañado o certame Euroescola en Galicia.

É a primeira vez que este IES participa no Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo, que ten como obxectivo informar aos alumnos, profesores e comunidade educativa sobre o Parlamento Europeo, as súas actividades lexislativas e os seus valores e, a través destes embaixadores, difundir a información sobre a democracia europea. Cada centro participante debe completar un caderno sobre a Cámara europea e organizar un punto de información, así como unha actividade arredor do 9 de maio, día de Europa, celebrada hoxe. No curso 2017/18 participaron nesta iniciativa máis de 100 centros de toda España, uns 5000 alumnos de 4° de ESO e 1° de Bacharelato.

Entre outras actividades, o alumnado e docentes do IES participantes no programa visitaron este curso dúas veces Bruxelas, unha convidados polo Comité Económico e Social Europeo e outra para visitar varias institucións comunitarias. O desenvolvemento do proxecto pódese seguir na conta de Facebook Escola Embaixadora Pedra da Aguia (https://www.facebook.com/Escuela-Embajadora-Pedra-da-Aguia-333620740451129/).

Tamén ao abeiro deste programa, o IES participou no concurso Euroescola, proclamándose gañador do mesmo en Galicia cun vídeo de 90 segundos sobre o noso patrimonio cultural, que se pode ver no enlace https://www.youtube.com/watch?v=Dichqq6mn9s.

9 de maio de 2018 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.