publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta executa obras de mellora do firme na estrada autonómica LU-617 entre Escairón e pesqueiras,no Saviñao

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoO Saviñao
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda executa obras de mellora do firme na estrada autonómica LU-617 entre Escairón e Pesqueiras, no municipio lucense do Saviñao, que contribuirán a proporcionar á veciñanza da zona e usuarios da mesma unha rede viaria cómoda e segura.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado do alcalde da localidade, Joaquín González, visitaron as obras para as que a administración autonómica destina un orzamento de 246.000 euros, que permitirán mellorar un total de sete quilómetros desta vía, repartidos en dous treitos.

O primeiro destes tramos, de 4,3 quilómetros, sitúase entre os p.q 17.100 (cruce de Vilatán) e o p.q. 21.415 (Pesqueiras), con obras xa en execución que se prolongarán as próximas dúas semanas. A Xunta traballa na rexeneración do pavimento, naqueles puntos que presentan deterioro, coa aplicación dun dobre tratamento superficial bituminoso.

O segundo treito, de 2,6 quilómetros, sitúase entre os p.q. 13.700 (final da travesía de Escairón) e o p.q. 16.300 en Vilar. As actuacións executaranse ao longo do mes de xuño, de seguido ás previstas no anterior tramo, e incluirán fresados localizados da superficie, reposición do firme con mestura bituminosa e extensión en todo o ancho da calzada dun microaglomerado en frío.

Os traballos executaranse con cargo ao contrato de conservación ordinaria e vialidade da zona sur da provincia, do que é adxudicatario a empresa Bascuas. As tarefas de conservación e explotación de estradas teñen por obxecto o mantemento do patrimonio viario en condicións adecuadas, de xeito que permita unha circulación o mais segura, cómoda e fluída posible.

15 de maio de 2018 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.