A Academia Galega de Seguridade Pública acolle a xornada sobre delincuencia organizada e branqueo de capitais
O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor participou esta mañá na inauguración da Xornada sobre delincuencia organizada e branqueo de capitais que ten lugar na sede da Academia Galega de Seguridade Pública.
Luis Menor que estivo acompañado polo presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do Fiscal Superior de Galicia, da subdelegada do Goberno en Pontevedra e do xefe superior de Policía de Galicia, indicou que a Academia sigue co seu obxectivo de consolidarse como centro de formación de referencia non só policial e de emerxencias, senón tamén xudicial.
O principal obxectivo desta xornada é, precisamente, analizar (desde unha perspectiva eminentemente práctica) a actuación dos Estados e dos diversos operadores económicos e xurídicos na loita contra o branqueo de capitais. Para iso os relatores sexan especialistas en cada un dos tres sectores nos que se basea a loita contra o branqueo de capitais: prevención, persecución e punición ou sanción penal, coa finalidade de que os asistentes ás xornadas teñan unha visión global das actividades dos suxeitos da sociedade civil e dos organismos dos distintos Estados que loitan contra o branqueo de capitais.
Nas Xornadas participan o Fiscal Xeral do Principat d’Andorra, Alfonso Alberca, a xuíza de Instrución especializada en delitos socioeconómicos e criminalidade organizada do Principat d’Andorra, Canòlic Mingorance; o xefe da sección de Branqueo de Capitais e Anticorrupción da UDEF da Policía Nacional , o Inspector xefe, José Rodríguez Montes e o xefe da Unidade Adscrita á Fiscalía especial contra a corrupción e a criminalidade organizada da UCO-Garda Civil, Enrique Martinez Moneo.