publicidade hoxe

Educación vén de rematar as obras de reforma das aulas do colexio da Pobra do Brollón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do BrollónLocal Portada
A-
A+

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de rematar as obras de reforma das aulas do Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) da Pobra do Brollón, que completan as diversas melloras realizadas nas instalacións nos últimos meses.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou hoxe o centro, no que a Consellería investiu recentemente preto de 55.000 euros.

Así, nunha primeira fase cambiáronse as ventás dos corredores da primeira e segunda planta, por un importe de 15.000 euros. Na intervención que se desenvolveu durante as últimas semanas reformáronse as aulas tamén en ambas plantas, reordenando espazos e introducindo outras melloras que suman un investimento de 39.355 euros.

En concreto, executáronse os cambios de tabiques precisos para a nova distribución de espazos, pintáronse as paredes, instalouse falso teito de escaiola, pavimento novo a base de tarima flotante e novas luminarias tipo LED.

Balseiro explicou que con estas actuacións as aulas resultan máis amplas e confortables e o conxunto das instalacións gañan en comodidade e eficiencia. Ao respecto, lembrou que a consellería está a aplicar o principio de eficiencia enerxética en todas as súas intervencións, como ocorreu neste caso ao mellorar o illamento térmico coas novas ventás e reducir o consumo enerxético coas luminarias LED.

9 de abril de 2018 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.