publicidade hoxe

O DOG publica a transferencia duns ramais do enlace da autovía Ferrol-Vilalba á Deputación da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaFerrolLocal PortadaVilalba
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia fai pública hoxe e Vivenda a transferencia da titularidade duns ramais do enlace da autovía Ferrol-Vilalba á Deputación da Coruña por parte da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

O cambio de titularidade afecta os ramais de enlace entre a AG-64 e as estradas provinciais Momán- As Pontes (DP-7001) e Medoñas- Ponte do Souto (DP-7003), situados ambos os dous no Concello das Pontes. tal e como recolle o Decreto aprobado o pasado 1 de marzo no Consello da Xunta.

A Deputación da Coruña asume así a titularidade dos ramais que conectan as estradas provinciais coa parte sur da rotonda de enlace do punto quilométrico 36+730 da autovía, a DP-7003, coa parte norte da rotonda do enlace do Pq. 36+730 da autoestrada; e o de aproximadamente 274 m de lonxitude que conecta a DP-7001 co norte da glorieta do enlace do punto quilométrico 36+730 da AG-64.

O enlace do punto quilométrico 36+730 da AG-64 seguirá sendo de titularidade autonómica, incluíndo a rotonda superior e os catro ramais do enlace correspondentes coas entradas/saídas entre o tronco da autoestrada e a glorieta.

Deste xeito, tal é como recolle o DOG (https://goo.gl/fvPTje) desde mañá o organismo provincial asumirá as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación destas vías, exercitando ademais as funcións de disciplina viaria correspondentes como titular destas estradas.

Cumpre lembrar que a Deputación da Coruña solicitou a Consellería de Infraestruturas e Vivenda o cambio de titularidade deste ramais, sendo informado favorablemente do cambio de titularidade a Axencia Galega de Infraestruturas.

21 de marzo de 2018 | 16:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.