Medio Rural continúa actualizando o seu parque móbil para mellorar o traballo dos servizos de loita contra os incendios forestais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia
A-
A+

A Consellería do Medio Rural destina algo máis de 100.000 euros na subministración de catro novos vehículos todoterreo para mellorar o traballo que realizan as brigadas de prevención e extinción de incendios forestais. Así o recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia, que publica a resolución da consellería na que se informa de que este lote de automóbiles irá para o persoal fixo-descontinuo das brigadas de 9 meses.

Esta subministración súmase aos 247 vehículos alugados o pasado ano pola consellería, co fin de renovar o parque móbil do Servizo de loita contra os incendios forestais. Actualmente, o dispositivo conta cun total de 1.300 vehículos, dos cales preto do 68% son de propiedade do Goberno galego. A esta cifra, hai que engadirlle 36 todoterreo adquiridos en propiedade pola Xunta a través dun acordo marco do Estado por importe de un millón de euros.

Equipos de Protección Individual

A Consellería do Medio Rural fai un importante esforzo para renovar todo o material necesario para os traballos de prevención e extinción dos lumes. No tocante aos Equipos de Protección Individual (EPI), a Xunta investiu o pasado ano un total de 1,7 millóns de euros para renovar botas, chaquetas e pantalóns, camisetas, cascos, gafas, luvas e protectores de colo.

Ademais, comezouse a ampliación das condicións dos dispositivos móbiles e a distribución de tablets para todos os axentes, así como a compra de novas cámaras para mellorar os labores de investigación das causas dos incendios forestais.

28 de marzo de 2018 | 16:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.