Máis de 1.000 persoas gozaron dos 5 concertos gratuítos do MusicAD do Goberno da Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

Máis de 1.000 persoas persoas gozaron, durante o mes de marzo, dos cinco concertos gratuítos que o Goberno da Deputación ofreceu na Capela de Santa María co MusicAD. As instalacións provinciais rexistraron un cheo absoluto para presenciar as actuacións en directo de Xabier Díaz e as Adufeiras, Carmen Penín, Tango en Xan3iro, Os d´Abaixo e Triad con Dónal Lunny.

García Porto destacou que “con esta iniciativa, que ofrecemos dende o Executivo Provincial todos os anos, conseguimos consolidar unha programación musical de calidade que ten a súa raíz no ámbito tradicional, achegando aos veciños de Lugo, concertos e espectáculos de primeiro nivel e de recoñecido prestixio, totalmente gratuítos. Ademais, co MusicAD buscamos potenciar e difundir o bo traballo que están desenvolvendo os artistas galegos, ao tempo que dinamizamos a vida e a actividade cultural da capital lucense, achegando un plan alternativo durante as fins de semana do mes de marzo”.

5 concertos gratuítos

O sábado 3 tivo lugar a primeira actuación do MusicAD a cargo de Xabier Díaz e as Adufeiras presentaron Noró, algunhas músicas do Norte. O xoves 8 de marzo, con motivo do Día Internacional da Muller, a galega Carmen Penín amosou o seu espectáculo Herdeiras. O sábado 10 de marzo foi a quenda do grupo Tango en Xan3iro, formado por Marisa Dapereira, Patricia Coucheiro, Xosé Ramón Saborido e Bruno Villamor. Xa o sábado 17, actuou a banda de folk Os d´Abaixo, formada entre outros, por 2 referentes musicais de Galicia, como Berrogüetto e Fía na Roca. Finalmente, o sábado 24 de marzo, o grupo irlandés Triad, poñen fin a esta nova edición do MusicAD, que pecha cun éxito rotundo de asistencia.

26 de marzo de 2018 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.