publicidade hoxe

Licitadas as obras de mellora da estrada AC-840, en Melide, por un investimento de 251.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMelide
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das obras de reposición de servizos na estrada AC-840, en Melide, e nas rúas anexas, por un investimento de máis de 251.000 euros.

As empresas interesadas nesta actuación, cun prazo de execución de 9 meses, poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 3 de abril. Pódese ampliar a información relativa a este anuncio aquí.

O obxecto do proxecto é minimizar, tanto en importancia como en frecuencia, os episodios de inundacións que se producen no centro urbano de Melide, nas proximidades do p.q. 50+420 da estrada AC-840, coincidente cun punto baixo do terreo.

A actuación interceptará parte dos caudais que chegan á rede da Rambla San Pablo en puntos intermedios, intersección coa rúa Doutor Francisco López e o Camiño de Cábadas, de forma que se reduza o caudal que chega á zona urbana e se minimice así a problemática asociada á topografía e configuración da rede existente, para o que se actuará tamén nestes viais locais.

Proxéctase a conexión da rede de pluviais existente na Rambla de San Pablo coa da Rúa Doutor Francisco López García mediante unha arqueta que deriva parte do caudal a través dun colector, que enlaza coa rede de pluviais existente. Ao final da Rúa Doutor Francisco López García proxéctase a continuación da rede de pluviais, eliminando a conexión coa de residuais, ata o punto de vertedura na cuneta do camiño veciñal,

Tamén se proxecta a conexión da rede de pluviais existente na Rambla de San Pablo cunha nova rede de pluviais ao longo de Camiño de Cábadas. Dita conexión realízase a través dunha arqueta de derivación, desde a que se envía parte do caudal a través dun colector.

Ademais destas actuacións, prevese o cegado dos pozos de rexistro das redes de residuais e pluviais executadas en 2013, para evitar os ruídos que producen co paso do tráfico. Trasladaranse á beirarrúa os pozos de saneamento e realizarase na calzada a reposición de firme necesaria.

8 de marzo de 2018 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.