publicidade hoxe

Escolares da Rúa participan na plantación de árbores na área do Aguillón, organizada por Medio Rural con motivo do ‘Día internacional dos bosques’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA RúaLocal PortadaOurense
A-
A+
Marisol Díaz no acto conmemorativo

Marisol Díaz no acto conmemorativo

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou esta mañá no acto conmemorativo do Día Internacional dos Bosques celebrado na área recreativa de O Aguillón no concello da Rúa.

Coincidindo con esta data a Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural e as brigadas dos cinco distritos forestais da provincia ourensá organizan un amplo programa de actividades de difusión e de concienciación social en varios concellos, tendo aos escolares como protagonistas. Charlas, rutas guiadas e plantacións de árbores son as actividades máis repetidas estes días para conmemorar esta data.

No distrito XIII Valdeorras-Trives, elixiuse O Aguillón para que alumnos e alumnas do colexio Pablo VI, do CEIP Manuel Respino e do IES Cosme López Rodríguez, todos eles do concello ourensán da Rúa, levasen a cabo unha plantación de distintas especies arbóreas e arbustivas.

O obxectivo desta actividade é promover a concienciación social sobre a importancia ambiental e económica do sector forestal en Galicia nos escolares porque “as novas xeracións teñen que ser conscientes do inmenso valor que ten o monte e da importancia de apostar polo carácter produtivo e sostible dos recursos forestais”, indicou a delegada territorial da Xunta. Díaz Mouteira trasladoulles aos participantes a necesidade de que a sociedade adquira un firme compromiso coa preservación do entorno natural.

21 de marzo de 2018 | 16:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.