publicidade hoxe

Educación realiza intervencións no colexio de San Clodio, en Ribas de Sil, para mellorar a eficiencia enerxética

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaRibas de Sil
A-
A+

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de contratar obras de substitución de carpinterías no Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) de San Clodio, en Ribas de Sil, coas que da continuidade ás actuacións levadas a cabo nos últimos meses tendentes a incrementar a eficiencia enerxética no centro.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, explicou que os traballos consistirán na substitución da carpintería da galería da fachada este por outra con rotura de ponte térmica e a instalación de persianas de aluminio, máis lixeiras e con material illante para protexer das temperaturas do exterior.

Con esta intervención o investimento no colexio dende o pasado verán supera os 67.000 euros, logo de que recentemente tamén se cambiara a carpintería da fachada noroeste así como falsos teitos e luminarias no interior.

Balseiro subliñou que estas melloras nas instalacións pretenden “asegurar un entorno confortable e axeitado para o desenvolvemento da actividade educativa”, pero ademais, tamén contribúen ao aforro económico e, sobre todo, “son medidas que avanzan no desenvolvemento sostible, reducindo o gasto enerxético e as emisións de dióxido de carbono á atmósfera”, concluíu.

27 de marzo de 2018 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.