publicidade hoxe

Cores Tourís comproba a instalación dun novo punto de auga contra o lume en Oia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOiaPontevedra
A-
A+
Cores Tourís na visita á comunidade de montes de Lourenza

Cores Tourís na visita á comunidade de montes de Lourenza

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá as obras executadas na comunidade de montes de Loureza en Oia grazas a colaboración económica da Consellería de Medio Rural co obxectivo de previr e loitar contra os incendios forestais.

Na visita, Cores Tourís estivo acompañado da alcaldesa do concello de Oia, Cristina Correa, do presidente da comunidade de montes, Manuel Díaz, así como do xefe territorial de Medio Rural, Antonio Crespo, e o xefe do Servizo de Incendios, Manuel Francisco.

O delegado territorial recordou que Oia é un concello con vocación forestal declarado como Zona de Alto Risco de Incendios Forestais. “No ano 2017 a Xunta de Galicia analizou as infraestruturas preventivas da rede de defensa contra os incendios forestais do Distrito forestal XIX territorialmente”, explicou Cores Tourís, “e deste xeito, mediante o análises dos histórico de lumes de anos anteriores, e o puntos críticos de inicio do lume e a distribución espacial dos puntos de auga existentes, determináronse as novas infraestruturas preventivas tanto de helicóptero como de vehículo motobomba tecendo una rede de defensa”.

Nesta busca da eficiencia da distribución, determinouse a construción de sete novos puntos de auga, dous deles destinados para helicópteros de alta de alta capacidade e outros cinco para motobombas, no Distrito XVIII Vigo-Baixo Miño, dos cales, dous atópanse en Vilade suso e outro en Loureza, Oia, así como un cuarto en Santa Miña no Rosal.

Cada punto de auga conta con 492,60 m3 de formigón, cun diámetro interior de 14 metros e 3,20 metros de altura. A novas construcións permiten incrementar un 40 % a capacidade media dos depósitos anteriores xa construídos. “Esta rede fai que as cadencias das de descargas das aeronaves sexa cando 5 minutos sobre un área de 3,3 Km minimizando o recorrido dos lumes”, matizou o delegado territorial.

O investimento destinado as obras dos dous puntos de augas para helicópteros foi de 135.150 euros, mentres que os destinados á motobombas rozaron os 76.800 euros, o que supón un investimento global de 2112.000 euros, aportados ao 100% pola Xunta de Galicia.

Cada construción dispón dunha rampla para anfibios e dun abrevadero de formigón de 5,5 metros de ancho para o gando que pastorea pola zona así como á fauna silvestre, compatibilizando o uso múltiple de monte comunal.

A inversión total do Distrito XVIII Vigo-Baixo Miño nestes dous novos puntos de auga para helicóperos e doutros cinco para motobombas é de case 212.000 euros. En total, na provincia, executáronse ou melloráronse 21 pozos de auga, o que supuxo un investimento por parte da administración autonómica de 810.500 euros.

“Estas obras determinan as normas técnicas das redes de defensa contra os incendios forestais dos distritos, permitindo dispoñer dun modelo estable para os novos tempos da loita contra os incendios forestais”, explicou José Manuel Cores Tourís, quen agradeceu a comunidade de montes de Loureza a dispoñibilidade e a cesión do terreos para poder facilitar a súa construción.

O delegado, xunto a alcaldesa de Oia e ao presidente da comunidade de montes de Loureza valoraron positivamente estas accións fundamentais na posta en valor do monte, así como a construción e mantemento das infraestruturas preventivas de defensa.

O concello de Oia conta con case 6.521 hectáreas en mans de 6 comunidades de montes: Burgueira, Loureza, Mougas, Oia, Pedornes e Viladesuso; mentres no Rosal hai 4 comunidades de montes que contan con 2.270 hectáreas (Lousado, Niño do Corvo, Eiras e San Xoán de Tabagón).

“Con esta acción trátase de acadar unha densidade óptima de infraestruturas forestais, mellorar os tempos de reacción mediante unha rede de puntos de auga que posibiliten un acceso rápido e seguro á extinción do lume, capitalizar o monte, e facilitar a súa activación económica e o seu uso social dos veciños do rural”, engadiu José Manuel Cores Tourís, quen aproveitou esta visita para facer un chamamento á implicación da cidadanía. “Aínda que estamos en temporada baixa de risco de incendios, está claro que as imprudencias e a gañas de facer dano tamén existen, polo que pedimos a implicación da cidadanía solicitándolle que extremen calquera acción que desenvolvan no monte en calquera época do ano. Entre todos temos que coidar dos nosos montes”, rematou o delegado territorial.

20 de marzo de 2018 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.