publicidade hoxe

A Xunta licita por 550.000 euros a ampliación do CEP Altamira na localidade pontevedresa de Salceda de Caselas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSalceda de Caselas
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a licitación das obras de ampliación do CEP Altarmira na localidade pontevedresa de Salceda de Caselas, que levará a cabo a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Esta actuación suporá un investimento de 545.042 euros e ten un prazo de execución de 4 meses, tal e como pode comprobarse na seguinte ligazón.

Con tal motivo, o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acompañado polo xefe territorial da Consellería de Educación, César Pérez Ares, e o alcalde Marcos Besada achegáronse hoxe ata o centro escolar para informar dos pormenores da obra á dirección.

Segundo explicaron, a intervención consistirá na demolición da cuberta para posibilitar a ampliación do edificio existente en 297,15 metros cadrados nos que se instalarán novos espazos destinados a aulas, cunha pasarela de comunicación co edificio principal do aulario. A ampliación suporá a creación de catro novas aulas, aseo adaptado, almacén de limpeza, escaleiras, distribuidor e pasarela.

Con 587 alumnos matriculados no presente curso escolar, a Unidade Técnica da Xefatura Territorial valorou prioritaria esta actuación, tal e como sinalaron López-Chaves e Pérez Ares durante a visita. O CEP Altamira consta na actualidade dun edificio principal destinado a uso educativo de primaria, edificio administrativo e ximnasio.

As empresas interesadas terán a partir de hoxe un prazo de 13 días para a presentación das súas ofertas.

8 de marzo de 2018 | 17:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.