publicidade hoxe

A Xunta inviste 32.000 euros na eliminación e revexetación dun punto de vertido incontrolado en Vigobó

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA BañaLocal Portada
A-
A+

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, comprobou esta mañá o resultado dunha intervención da Consellería de Medio Ambiente para a eliminación dun punto de vertidos incontrolados, cun custe de 32.000 euros, para deixar a finca e a súa contorna en óptimas condicións. Na visita tamén participaron o alcalde, José Andrés García, e a xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Cristina Carrión.

A parcela en cuestión é dun dos 2.200 predios que inicialmente formaban parte do Banco de Terras, da Consellería do Medio Rural, e dos que se recoñeceu a titularidade municipal a través da Lei de Mellora da Estrutura Agraria de Galicia (Metaga) por non ter utilidade agraria.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio levou a cabo a actuación na primeira quincena de febreiro, acometendo a recuperación, restauración, adecuación e limpeza do punto, localizado no lugar de Vigobó, dentro do plan de obras de recuperación, restauración, adecuación e limpeza de puntos de vertedura incontrolados. Os traballos consistiron na clasificación dos residuos para a súa reciclaxe ou valorización, perfilado e acondicionamento dos residuos inertes e revexetación mediante ou estendido de terra vexetal e a sementeira con especies pratenses.

Os puntos de vertido incontrolado son pequenos focos nos que se van depositando e acumulando residuos sólidos de distinta natureza, co prexuízo que isto ocasiona para o entorno, tanto dende o punto de vista ambiental como estético. O material que se adoita a localizar nestes puntos consiste en obxectos domiciliarios, pequenas obras de edificación e de urbanización, vidro, plásticos, pneumáticos e mestura de residuos de construción. Coa limpeza destes puntos perséguese minimizar e corrixir os impactos orixinados nestas zonas, logrando a integración do lugar co seu.

O delegado territorial sinalou que “este tipo de actuacións forman parte dunha continuada para a correcta xestión dos residuos, na que tamén se inclúen outras instalacións, como son os puntos limpos”. “O obxectivo destes programas”, engadiu Ovidio Rodeiro, “é facilitar aos concellos o cumprimento das súas competencias en materia de residuos urbanos e permitir aos cidadáns realizar unha correcta xestión.

14 de marzo de 2018 | 16:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.