publicidade hoxe

A Xunta entrega da acreditación do seu primeiro contacto laboral a 15 xóvenes da comarca de Betanzos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzosLocal Portada
A-
A+

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, entregou esta tarde no IES As Mariñas de Betanzos os diplomas acreditativos aos 15 mozos e mozas que realizaron estadías en empresas da zona no marco do proxecto Deseñando o teu futuro, perfilado para axudarlles a clarificar a toma de decisión do seu futuro perfil profesional.

O proxecto, promovido polo departamento autonómico e impulsado pola Agrupación xuvenil Brigantium en colaboración co IES e a ANPA As Mariñas, a Fundación Raiola e as asociacións Mirabal e de comerciantes e empresarios de Betanzos (Asociación ACEBE), permitiu que a mocidade de entre 14 e 18 anos coñecese de cerca o funcionamento das empresas. Nesta comarca, colaboraron co programa a Clínica Veterinaria Valdoncel, Arume Fotografía, Tikismikis Tienda, Estudio Efit, Cruz Vermella Betanzos, Club Know Betanzos, María y Maica Enseñanza SC, Print Text, Naturhouse, Librería Biblos, Automóbiles Suárez Bello, SL e o Espazo +60 Afundación de Betanzos.

A responsable do departamento autonómico agradeceulles aos mozos e mozas e as empresas a súa participación no programa, “co que pretendemos ofrecer á mocidade unha experiencia de educación non formal en aquelas profesións e especialidades que eles mesmos desexen coñecer para que teñan ese primeiro contacto antes de decidir a súa traxectoria formativa profesional”, sostivo.

Paralelamente ás estancias, que tiveron unha duración mínima de cinco días e máxima de 15 días hábiles, os participantes formáronse no manexo das novas tecnoloxías, en aptitudes na procura de emprego, en coaching e na elaboración de currículo vitae.

No marco de Deseñando o teu futuro, no 2017 financiáronse 25 proxectos presentados por concellos e entidades sen ánimo de lucro, que facilitaron que un total de 358 mozos e mozas realizasen estadías-visitas en empresas.

A cantidade subvencionable a cada entidade e concello ou agrupación de concellos foi calculado a razón de seis euros por participante e día para cubrir os gastos de manutención e desprazamento, e de 100 euros por participante para cubrir os custos derivados da organización das estadías-visitas.

22 de marzo de 2018 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.