publicidade hoxe

A Xunta convoca aos titulares dos terreos afectados pola mellora da estrada Santa Comba-Portomouro, entre Abuín e o parque empresarial, para o levantamento de actas previas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSanta Comba
A-
A+

A Xunta convoca o 3 de maio os titulares dos terreos afectados polas obras de acondicionamento da estrada AC-406, Portomouro-Santa Comba, que se desenvolverán entre Abuín e o parque empresarial, cun orzamento de máis de 4,3 millóns de euros, para o levantamento de actas previas á ocupación.

Os propietarios dos terreos deberán acudir ao salón de plenos do Concello de Santa Comba, entre as 9 e as 14 horas.

A actuación suporá unha importante mellora da seguridade viaria cun trazado alternativo ao da actual estrada que permitirá evitar o paso polo núcleo de Salgueiroas, actuando como variante. Así evitaranse os problemas do trazado actual, encaixado entre edifiicacións e con varias curvas de radio moi reducido e interseccións con escasa visibilidade.

O trazado desenvólvese entre os puntos quilométricos 25+680 e 27+740 e ten unha plataforma de 10 metros, con dous carrís de 3,5 m e beiravías de 1,5 m, á que se sumarán bermas polas dúas marxes de 0,75 metros. Inclúense tamén dúas interseccións, unha ao final da travesía de Salgueiroas con forma de semiglorieta na que se permitirán os cambios de sentido; e outra como unha glorieta no punto final da actuación, na que conflúen a nova traza coa AC-406 e o acceso ao parque empresarial de Santa Comba.

Así mesmo, prevese unha nova estrutura sobre o rego da Bouza, de aproximadamente 50 metros de lonxitude, dous pasos inferiores e proxéctanse camiños de servizo para canalizar os accesos existente.

A esta actuación hai que sumar outra infraestrutura estratéxica que hai en execución, como é a Variante de Aradas, que suporá tamén unha mellora substancial para os veciños de Santa Comba nas súas comunicacións con Santiago, coas zonas industriais e mesmo na conexión co aeroporto.

23 de marzo de 2018 | 13:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.