A Secretaría Xeral da Igualdade mantivo unha xuntanza co novo Consello Reitor da Federación de Redeiras Artesás `O Peirao´

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia
A-
A+

A Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo unha xuntanza co novo Consello Reitor da Federación de Redeiras Artesas O Peirao, que foi aprobado na Asemblea Xeral Extraordinaria da Federación o pasado 10 de marzo.

López Abella indicoulle que o Goberno galego seguirá apoiando o labor que leva a cabo esta Federación, que nos últimos anos recibiu preto de 73.000 euros para programas e actividades a través da orde de entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade; e da asociacións e federacións de mulleres destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres.

21 de marzo de 2018 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.