publicidade hoxe

A Deputación edita un libro sobre os resultados das escavacións arqueolóxicas nas Burgas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseOurense
A-
A+

A Deputación de Ourense edita “AQVA DIVI VRBS. Agua, Dioses y Ciudad. Excavaciones arqueológicas en As Burgas (2005-2010)”, dos autores Jose Mª Eguileta e Celso Rodríguez Cao, “un traballo que encaixa á perfección coa nosa condición de provincia termal e que se centra no símbolo do termalismo na nosa capital”, salientou Manuel Baltar, quen presentou esta obra xunto aos seus autores, no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”.

O presidente do goberno provincial destacou que se trata dunha obra “de lectura obrigada para os que cremos en Ourense e que vai directa ao corazón do noso termalismo e da nosa historia”. Esta publicación é un compendio de “nove colaboracións de reputados especialistas que fan deste libro un imprescindible para coñecer máis a nosa cidade e a nosa historia”, engadiu Baltar, quen explicou que ademais de ser unha obra de consulta “tamén nos permite coñecer máis a capital termal de Ourense, cunhas características únicas en toda Europa”.

Celso Rodríguez dixo que esta publicación é “un elemento dunha ampla investigación que está en curso, a cal está a apoiar a Deputación de Ourense noutros aspectos”. Este libro senta “as bases sobre a auga e sobre o nacemento da cidade, e por primeira vez, cunhas cronoloxías do século I d.C., aglutinando tódolos matices desde a fundación da cidade ata os nosos días”, explicou o autor.

Pola súa parte, Jose María Eguileta agradeceu á Deputación que “acollera este libro” e felicitouna por estas publicacións que “permiten que vexan a luz novos traballos sobre a nosa provincia”.

19 de marzo de 2018 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.